1. Experiencia como alumno avaliado
- En relación ao ámbito psicolóxico; aínda que sexan os teus compañeiros os avaliadores, tes a presión de facelo todo ben, ou de que se non lle das nun golpeo ao volante, xa pensen que non sabes efectuar o golpeo de forma eficiente.
Axuda bastante que fagan comentarios de bromas nalgún momento determinado para recordarte que estades aprendendo xuntos e que non é un exame propio para nota do módulo.
- En canto ao ámbito psicomotor; pode darse o caso de que te podes complicar ti mesmo as xogadas. Por exemplo; se ven o volante dun Clear escaso, é dicir, cae na metade da miña pista sen chegar ao fondo, saíume automático o Smash. E tal como indicaron os meus avaliadores; "Abusa del Smash en situaciones donde sería mejor el Drive".
Enlazando cos golpeos; hai algúns que pensaba que facía perfectos e era incorrecto. Tal e como se indica na avaliación " Hace muy buenos Clears pero los Lobs los deja bastante cerca".
Ademáis, teño que mellorar os saques porque aínda que a técnica a faga ben teño que aprender a ler o partido e escoller mellor se facer saque de revés ou de dereita observando a posición de recepción do contrario.
2. Experiencia como alumno avaliador
A min pareceume divertido xa que, no ámbito persoal-laboral, son árbitro de baloncesto, polo que é máis doado analizar os movementos dos participantes no partido.
Grazas á base teórica- práctica aprendida do profesor, e máis a axuda e comunicación que establecín coa miña compañeira avaliadora, puidemos sacar bastantes aspectos para mellorar e bos das nosas compañeiras avaliadas.
Ao comezo podes estar nervioso debido que queres avaliar da forma máis correcta pero por outra parte non queres ou non pretendes perxudicar coa avaliación se non tiras cara arriba. Pero é como mencionei anteriormente, estamos aprendendo todos xuntos na clase.
Conclusión
Xa sexa como avaliados ou como avaliadores, esta actividade é polo noso futuro laboral como técnicos superiores de deportes e facemos un favor aos nosos compañeiros avaliando e xogando o mellor posible con eles. Ademáis de que disfrutas da experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario