1. Terreo de xogo
- O terreo deberá ser de 40m x 20m, pechado por unha banda, coas esquinas redondeadas.
- Tódalas marcas serán líñas de 4-5 cm de ancho, nunha cor claramente visíbel (branca, amarela). Deberán estar marcadas a liña centra e o punto central.
1.1 Medidas das áreas e espazos especiais
- A área de portería mide 4m x 5m e deberá estar marcada dende a liña de fondo do terreo.
- A área do porteiro mide 1m x 2,5m e debe estar marcado a 0,65m da liña posterior da área de portería.
- A zona de substitución ten unha dimensión de 10m de lonxitude, ao largo dunha das liñas de banda do terreo. Márcase a 5m da liña central, e inclúe os banco dos xogadores e zona de entrenador.
2. Duración do xogo
- É de 3 tempos de 20 minutos cada un, con 2 períodos de descanso de 10 min nos que os equipos cambian de campo.
- O xogo, cada vez que o árbitro toque o chifre, o tempo deterase e reanudarase en canto a bola se poña de novo en xogo. No caso de que a interrupción de xogo sexa por causa irregular (lesión), deberase avisar con 3 toques de chifre.
2.1 Tempos mortos
- Durante o partido, cada equipo ten dereito a solicitar un tempo morto de 30 s. , que será concedido tan pronto coma o xogo sexa interrumpido por gol, fora de banda,etc e indicarase cun triple toque de chifre.
2.2 Prórroga
- Se un partido, finaliza cun empate, xogaranse 10 minutos de tempo extra (prórroga) ata que un dos dous equipos marque gol.
2.3 Lanzamento de penaltis logo do tempo extra
- 5 xogadores de campo de cada equipo deberán lanzar un penalti cada un. Se despois dos lanzamentos o resultado permanece igualado, os mesmos xogadores deberán lanzar de novo ata conseguir que o outro equipo falle.
3. Participantes
3.1 Xogadores
- Cada equipo debe rexistrar un máximo de 20 xogadores na Acta do partido.
- Durante o xogo, un máximo de 6 xogadores incluindo ao porteiro, ou 6 xogadores de campo, poden participar simultáneamente sobre o terreo de xogo.
3.2 Substitución de xogadores
- A substitución de xogadores pode realizarse en calqueira momento e cun número ilimitado de veces durante o partido.
4. Situacións fixas
- Cando o xogo foi interrumpido, será reanudado cunha situación fixa, acorde coa causa da interrupción. As situacións fixa son saque neutral, saque de banda, golpe franco (saque de falta) e lanzamentos de penalti.
4.1 Saque neutral
- Ao comezo dun novo período e para confirmar un gol marcado correctamente, realizarade un saque neutral dende o punto central.
- Cando o xogo é interrumpido e a ningún dos dous equipos se lle pode outorgar un saque de banda, golpe franco ou un lanzamento de penalti, o xogo reanudarase cun saque neutral.
- O saque neutral será sacado dende o punto máis próximo de face-off, de acordo co lugar onde se encontraba a bola no momento da interrupción do xogo.
- Todos os xogadores, excepto aqueles que realizan o saque neutral, situaranse inmediatamente, sen citación dos árbitros, a unha distancia de, como mínimo, 3 m. da bola, paus incluidos.
- A bola xogarase có stick e por un xogador de campo de cada equipo. Os xogadores estarán enfrontados ao equipo contrario e non terán contacto físico antes do saque neutral. Os pés estarán situados perpendicularmente á liña central e a mesma distancia da mesma. Os paus estarán suxeitos cunha empuñadura normal e coas dúas mans por enriba da marca de agarre. As pas estarán colocadas perpendicularmente á liña central a cada lado da bola, pero sen tocala.
- Un saque neutral pode ir directamente a gol.
4.2 Saque de banda
- Cando a bola sae da pista, o saque será outorgado ao equipo non ofensor
- O saque realizarase dende onde saiu a bola -a 1,5 m. da banda- pero nunca detrás da prolongación imaxinaria da liña de gol.
- Os opoñentes, sen citación por parte dos árbitros, colocaranse a 3 metros da bola, paus incluidos.
- A bola será xogada co pau dun xogador. Será golpeada, non arrastrada ou elevada.
- O xogador que saca non tocará a bola novamente ata que ésta fóse tocada por outro xogador ou material dun xogador.
- O saque pode ir directamente a gol.
4.3 Golpe franco.
- Cando se comete unha acción que conleva un golpe franco, dito saque será outorgado ao equipo non ofensor. Con accións que provocan golpe franco, aplicarase a lei da vantaxecando sexa posíbel. A lei da vantaxe implica que se o equipo non ofensor despois dunha falta controla todavía a bola, terá oportunidade de seguir xogando se isto lle outorga máis vantaxe que un golpe franco. Se se concede vantaxe e a xogada é interrompida porque o equipo non infractor perde a bola; o golpe franco sinalarase onde se produxese.
- Un golpe franco será sacado dende onde se produza a falta, pero nunca detrás da prolongación imaxinaria da liña de gol ou máis preto que 3,5 m. da área do porteiro.
- Os opoñentes, sen aviso dos árbitros, colocaranse inmediatamente a unha distancia de, como mínimo, 3 m. da bola, paus incluidos.
- A bola será xogada co pau dun xogador de campo. Será golpeada correctamente, non arrastrada ou elevada.
- O xogador que saca o golpe franco non tocará a bola de novo antes de que ésta toque a outro xogador ou material dun xogador.
- O golpe franco pode ir directamente a gol.
4.4 Accións que poden levar a golpe franco.
- Cando un xogador golpea, bloquea, eleva ou da unha patada ao pau do oponente.
- Cando un xogador suxeta ao contrario ou ao pau deste.
- Cando un xogador de campo eleva a pá do seu pau por riba da cadera no movemento anterior ou posterior ao golpeo da bola.
4.5 Penaltis
- Cando se comete unha falta que derive en penalto, éste será adxudicado ao equipo non ofensor.
- O lanzamento de penalti iniciarase co stick e farase dende o punto central.
- Todos os xogadores, excepto o que lanza o penalti e o porteiro do equipo defensor, estarán nas súas zonas de sustitución namentres dure o penalti.
- O xogador que lanza o penalti pode xogar a bola un número ilimitado de veces. Nun movemento contínuo cara a portería.
- Un xogador que cumpra sanción de 5 minutos quedarase no banco de expulsados durante o lanzamento de penalti
5. Gol
- É válido cando fora correctamente marcado e confirmado cun saque neutral dende o punto central.
- Concedido, non será anulado despois do saque de face-off.
5.1 Goles marcados correctamente
- Cando a bola traspasa completamente a liña de portería pola súa parte anterior despois de haber sido xogada de forma correcta polo stick dun xogador de campo,e non houbese infracción que poida conducir a golpe franco ou expulsión por parte do equipo atacante na execución do gol ou inmediatamente antes.
- Cando a bola traspasa completamente a liña de gol pola parte anterior despois de que un xogador defensor dirixise a bola co seu stick ou o seu corpo, ou un xogador atacante dirixise a bola sen intención co seu corpo, e o equipo atacando non cometera ningunha infracción que poidese conducir a un golpe franco ou a unha expulsión, na execución do gol ou inmediatamente antes.
- Cando un xogador non inscrito na acta, participa no gol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario